PREGUNTAS DO BNG NO PLENO SOBRE A HIXIENE E LIMPEZA NO COLEXIO DE OUTEIRO DE REI
PREGUNTAS:
1. Cal é o motivo de
que o problema da limpeza do colexio leve tantos meses sen solucionarse a
pesares das queixas que de xeito continuado se reciben?
2. Cando vai empezar a
nova empresa adxudicataria a facer o traballo de limpeza do colexio?
3. Cal vai ser o custe
anual da limpeza do colexio coa nova empresa contratada?
5. Que relación existe entre a donas da empresa á que se lle asignou a
adxudicación e a concelleira deste Pleno Municipal, Tania Díaz Seijas, e coa
funcionaria do concello Luísa Seijas Vázquez.
6. Cal foi a
participación desta concelleira no proceso de adxudicación?
O BNG fixo por este tema as preguntas anteriores no Pleno deste mesmo mes de febreiro.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O concello de Outeiro é sen dúbida o concello de toda
a comarca con máis traballadores e traballadoras contratadas por habitante.
Aínda así, para a limpeza do colexio público, que é responsabilidade desa
Administración, está contratada unha traballadora para realizar esa función e,
ademais, adxudicóuselle a limpeza deste edifico público a unha empresa privada.
Aínda así, segundo manifestan tanto os nenos e nenas
como as nais e pais do colexio, o lixo e a sucidade, xunto cos malos olores,
son a tónica dominante no edificio.
Despois de meses de xestións das nais e pais, tanto co
concello como coa propia Xefatura Territorial da Consellería de Educación, o
problema da limpeza e hixiene no lugar onde as nosas nenas e nenos pasan a maioría
do día non só non se arranxan, senón que non fan máis que empeorar.
Tendo en conta os moitos miles de
euros que nos costa a limpeza do colexio a todas as veciñas e veciños do
Concello e dada o delicado que resulta tratar con este tipo de temas onde está
en xogo a saúde e benestar das nosas fillas e fillos, o BNG quere ante ese
Pleno Municipal facer as seguintes
(Enlace á información sobre a limpeza e a súa privatización)
(Enlace á información sobre a limpeza e a súa privatización)