O ALCALDE NON FOI CAPAZ DE SOLUCIONAR OS PROBLEMAS HIXIÉNICOS E DE LIMPEZA VARIOS MESES DESPOIS DE RECIBIR AS QUEIXAS DAS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS
A pesares de ser o concello con máis xente contratada da comarca e a pesares de ter xa unha traballadora a tempo completo para a limpeza do colexio
O concello vai adxudicar a unha empresa privada, Yelmo Limpezas, a limpeza do colexio
Segundo todos os indicios, esta adxudicación, ao igual que o resto de limpezas do concello, vai ser adxudicada a esta empresa que é propiedade dunhas familiares (tías) da concelleira do Partido Popular, Tania Díaz Seijas.
A nai desta edil do PP figura así mesmo como traballadora do concello de Outeiro e, ademais, unha irmá e máis unha prima son traballadoras da empresa que leva a concesión da gardería municipal.
A espiral de contratacións
e concesións ao círculo de amizades persoais e políticas do Alcalde van
continuar. Agora toca a concesión da limpeza do colexio igual que o fixeran xa
antes cos outros edificios do concello.
Van aproveitar as queixas
das nais e pais do colexio sobre a sucidade e os malos olores existentes para
adxudicarlle o servizo de limpeza a esta empresa. Dende o BNG non sabemos se
este proceso cumpre todos os requisitos legais, pero o que si mantemos é que
resulta moralmente reprobábel e politicamente intolerábel.
Do mesmo xeito, con este
tema queda patente a incapacidade do Alcalde para solucionar un problema tan
delicado como é a limpeza e hixiene dos locais onde pasan o día as nosas nenas e
nenos, a pesar de que lle foi comunicado fai xa varios meses por as familias do
colexio.