luns, 16 de marzo de 2015

ACONTECEU NESTA LEXISLATURA (IV): O Alcalde de Outeiro en contra de crear unha Comisión de Urbanismo



O urbanismo e cousa de técnicos” e “en Outeiro non pasa como noutros concellos nos que hai gravísimos problemas xudiciais”, dixo o Alcalde
 
O caos no eido urbanístico é público e notorio no concello de Outeiro de Rei, mais o alcalde do Partido Popular, señor Pardo, non considerou necesaria a creación desta comisión deixando como xustificación o lapidario argumento de que “o urbanismo é principalmente cousa de técnicos e, por outra parte, en Outeiro o urbanismo funciona ben en contrapunto a como o fai se miramos para algún concello preto de nós, gobernado polo PSOE e polo BNG, no cal existen gravísimos problemas xudiciais”.

Esta foi a resposta do alcalde a unha proposta feita ao inicio da lexislatura, no Pleno celebrado o 24 de Xuño de 2011, polo representante do Bloque Nacionalista Galego, Arcadio Lombao, na cal solicitaba a creación dunha Comisión de Urbanismo municipal. O argumento principal no cal se baseara o concelleiro nacionalista foi a desastrosa situación que padece o concello na parcela urbanística con varios casos mesmamente escandalosos nos cales o denominador común é un pelotazo inmenso para uns poucos e un importante prexuízo causado a veciñ@s que padecen as consecuencias.