domingo, 29 de marzo de 2015

Conclusións da Asemblea Aberta do BNG en Outeiro

Celebrouse o vernres 27 de marzo

A I ASEMBLEA ABERTA DO BNG DE OUTEIRO DE REI SALDOUSE CUN INTERESANTE E PRODUTIVO DEBATE E VARIAS PROPOSTAS DE TRABALLO PARA O FUTURO


     

Fixo unha primeira presentación da asemblea o responsábel local do BNG en Outeiro.

Asemblea do BNG nun momento do debate
A continuación tomou a palabra o actual concelleiro Arcadio Lombao, que en liñas moi xerais explicou o traballo feito nestes últimos catro anos polo BNG no concello de Outeiro, traballo que se sustancia en máis de 50 iniciativas presentadas, ademais dun intenso traballo social como foi por exemplo o apoio ás mobilizacións das traballadoras e traballadores de Pascual e logo Alimentos Lácteos ou a mobilización das veciñas e veciños contra o Proxecto de Polígonos Urbanos na vila de Outeiro de Rei. Manifesta a súa intención de seguir a traballar de igual forma, aínda que dende outro papel, para o proxecto político que representa o BNG no concello de Outeiro.

Toma a palabra Xosé Ferreiro, cabeza de lista do BNG en Outeiro de Rei para estas Eleccións Municipais do 2015. Na súa intervención fai fincapé nos seguintes puntos:

Fai un agradecemento a todos ao concelleiros, en especial aos cabeza de lista, que tivo o BNG dende 1979 en Outeiro de Rei, sobre todo ao último, Arcadio Lombao, o cal tivo que traballar nunhas condicións persoais moi difíciles e aínda así fixo un moi salientábel.

A continuación, explica a intención que persigue o BNG coa convocatoria deste tipo de asembleas:
Arcadio Lombao, actual concelleiro

  • Abrir a organización á sociedade, incorporando dese xeito novas persoas que aporten novas ideas e estratexias e, sobre todo, que lle dean un novo impulso ao proxecto do BNG para o concello e para o país.
  •  Recoller ideas do conxunto da sociedade sobre os problemas reais que ten a xente do concello de Outeiro de Rei
  • Recibir as achegas das persoas presentes sobre as medidas necesarias a levar a cabo en Outeiro e, dese xeito, poder incorporalas ao programa electoral do BNG.
  • Recibir propostas de persoas ou representantes de colectivos que se considerara importante que participaran nas candidaturas do BNG en Outeiro.

Pásase logo a debater sobre a situación política do concello, destacando as seguintes características:
  • Total supeditación da política municipal ao urbanismo e en especial ás “chapuzas” feitas polo Alcalde nas novas urbanizacións.
  • Sobredimensionamento do persoal que traballa para o concello, non sendo acorde este número de persoas a soldo do concello co traballo desenvolto.
  • Nepotismo, enchufismo e caciquismo xeneralizado nas contratacións, non sendo comparábel a ningún outro concello do país o número de familiares e amigos empregados no concello.
  • Total consenso no perniciosa que é esta situación para o concello, tanto polos empregos “roubados” as veciñas e veciños como pola sensación que “introduce” no conxunto da sociedade.
  • Ausencia total de alternativas e de propostas do Alcalde para impedir que a xuventude teña que marcharse do concello para ter unha vida digna.
  • Falta de democracia no concello tanto pola forma caciquil de gobernar que ten o Alcalde como por non aceptar nunca ningunha proposta do BNG, por moi razoábel ou de escaso custe que puideran ser.


Entrase no debate de propostas para completar o programa electoral do BNG. Estas propostas xirarían arredor de catro piares básicos:
  • Democratización do concello. Tratar ás veciñas e veciños como cidadáns no canto de súbditos.
  • Políticas e medidas para evitar a emigración das nosas mozas e mozos.
  • Garantir os servizos básicos de responsabilidade municipal: coidado ás persoas maiores, servizos as nenas e nenos, etc.
  • Estudo, coidado e conservación do Patrimonio, tanto do natural como do histórico e do material e inmaterial.


As propostas xurdidas neste primeiro chazo para a elaboración do programa do BNG foron:
  • Seguir a traballar para acadar un Plan de Urbanismo para o Concello que acabe coa política do urbanismo “a carta” que leva practicando o Alcalde dende fai moitos anos.
  • Eliminación inmediata das vías de servizo proxectadas na Vila de Outeiro de Rei. Converter a N-VI nunha travesía igual que calquera outra vila dende Coruña a Madrid é unha prioridade urxente.
  • Constitución de comisións sectoriais de xente afectada polos temas máis importantes que se reúnan de forma periódica e nas que se debatan estes problema e se elaboren propostas para executar dende o Concello.
  • Manter reunións tamén periódicas con todos os sectores sociais do concello.
  • Crear e/ou fomentar un tecido de organizacións sociais de todo tipo, sobre todo as culturais.
  • Sacar o contido dos Plenos municipais á rúa, debatendo coas veciñas e veciños o que se fala e se acorda no concello. A política ten que acercarse á xente, non quedar pechada nos muros da Casa do Concello.
  • Seguir a traballar no catálogo do patrimonio municipal, non quedando só na catalogación, senón tamén na conservación do contido deses listados.
  • Intentar abrir as posibilidades de produtos a explotar no sector primario, rompendo o monopolio da produción leiteira. Saíron como exemplo a mazá de sidra e a castaña.
  • No tema da diversificación produtiva no sector primario falta moita información aos produtores e consumidores, falta que se podería compensar dende o Concello.
  • O problema principal para abrir estas novas formas de explotar o agro radica na falta de vías de comercialización e de información dos produtores para que as atopen.
  • A creación de mercados municipais de produtos ecolóxicos sería unha boa forma de empezar esta axuda á comercialización.
  • Orientar á mocidade para explotar a multitude de terreos de primeira calidade que están a quedar abandonados e que podían estar producindo produtos como os que acabamos de describir.

Remata a asemblea quedándose en repetir unha asemblea como esta dentro dun mes para ultimar o programa completo do BNG.