A MISTERIOSA DESAPARICIÓN DA FONTE QUE ESTABA DIANTE DO CONCELLO
Nun pleno ordinario celebrado o día 28 de outubro de
2011, ao pouco de comezar a presente lexislatura, o concelleiro representante
do BNG, preguntou ao señor alcalde que fora da fonte que desaparecera do seu
asentamento na praza situada diante da Casa do Concello.
O señor Alcalde, na quenda de resposta, contestou con
firmeza que a fonte estaba debidamente
gardada e será colocada de novo en canto houbera unha praza remodelada axeitada
para ela.
A punto de rematar a lexislatura continuamos agardando
para saber, polo menos, que foi da fonte, que é de todas e todos os veciños de
Outeiro, aínda que sexa sen praza!.