mércores, 18 de marzo de 2015

Sinalización dos cruces das pistas de Cela



SINALIZACIÓN DOS CRUCES SITUADOS ARREDOR DA IGREXA DE CELA E MELLORA DA VISIBILIDADE



Ante a perigosidade polos estreitamentos e a falta de visibilidade existente nos distintos cruces que existen na pistas arredor da igrexa de Cela e dado o escaso orzamento que se necesitaría para solucionar este grave problema, o BNG presentou ao Pleno do Concello a seguinte proposición para ser debatida e aprobada: 


MOCIÓN:



                Que coa maior urxencia posíbel se coloquen as sinais que indiquen a preferencia na circulación de vehículos nos seis cruces existentes nas pistas que rodean a Igrexa de Cela e, do mesmo xeito, que se coloque un espello que axude a mellorar á visibilidade no estreitamento en curva existente antes de chegar á propia igrexa de Cela, así como calquera outra medida que os técnicos correspondentes poida suxerir para mellorar a seguridade na circulación dos vehículos e no paso dos peóns desta transitada zona do concello.