xoves, 19 de marzo de 2015

O BNG propón unha tarifa eléctrica propia para Galiza

No anterior Pleno do mes de febreiro

O BNG PROPUXO O APOIO A UNHA TARIFA ELÉCTRICA GALEGA QUE TEÑA EN CONTA AS CIRCUSTANCIAS ESPECÍFICAS DO NOSO PAÍS

 O PP e o PSOE únense unha vez máis para defenderen ás eléctricas en contra dos intereses de Galiza e votan en contra dunha tarifa propia galega

Tratábase de que o Pleno do concello de Outeiro de Rei, ao igual que o fixeron outros plenos do país, aprobara e solicitara que dadas as circunstancias especiais que ten Galiza en canto á enerxía eléctrica, puidera ter unha tarifa máis baixa que permitira un aforro para os particulares e que a nosa industria puidese despegar. 

Unha vez máis, cando se trata dos intereses da banca, das grades empresas ou dos ricos, o PP e o PSOE únense para defendelos.

Unha vez máis, as eléctricas gañan, os galegos e galegas perdemos! 


Grazas PP, grazas PSOE. Supoñemos que as eléctricas volo estarán pagando ben!