O ALCALDE OCULTA O IMPORTE “PAGADO EN COSTAS” POR UNHA CONDENA XUDICIAL
A sentenza 105/12, do Xulgado do Contencioso nº 2 de
Lugo, instou ao Concello de Outeiro a revisar unha reparcelación mal feita no sector RA-49, dentro das urbanizacións de San
Martiño de Guillar. Daquela os dirixentes municipais recorreron ante o
TSXG quen desestimou o recurso (sentenza
01050/2012), confirmando o dito polo Contencioso e condenando a maiores ao
Concello a pagar as costas.
No pleno ordinario, celebrado o 1de marzo de 2013, o
representante do BNG preguntou a canto ascendera o importe das mencionadas
costas pagadas con cartos de todos. A resposta foi que “o Concello carece do dato nestes intres, mais seralle facilitado a
vostede en canto dispoña del”.
Dous meses máis tarde, no pleno de 26 de abril de 2013, o
portavoz do Bloque Nacionalista Galego, repite a pregunta á cal resposta o
señor Pardo dicindo que as costas “non
están cuantificadas”.
Dous anos despois o silencio continúa. Que oculta o señor
alcalde?