Segundo o Alcalde, tirábanse os alimentos aos contedores porque no concello non había familias que os necesitaran.
Con tres anos de goberno do PP, agora xa son necesarios
O CONCELLO DE OUTEIRO
DE REI ORGANIZA UN PARTIDO PARA RECOLLER ALIMENTOS PARA AS FAMILIAS NECESITADAS
CANDO FAI SÓ CATRO ANOS OS TIRABA AO CONTEDOR DO LIXO
O concello de Outeiro organizou este Nadal un partido de
fútbol sala onde as entradas se pagaban con comida. Segundo o cartaz que
anunciaba o partido, o concello encargábase do seu reparto ás familias
necesitadas do concello.

Nese mesmo xornal, ao día seguinte o señor Pardo xustificaba
a operación co “magnífico” argumento de que iso ocorrería porque en Outeiro non
había familias necesitadas ( Noticia completa de "El Progreso"
). Ao día seguinte informábase que a Cruz Vermella viñera recoller os alimentos
dos contedores para destinalos a outro lugar ( Ampliar noticia en "El Progreso"
).
Segundo isto, parece que as políticas de empobrecemento do Partido Popular nos últimos cinco anos fixeron o seu efecto; cando antes se tiraban alimentos ao lixo porque non había xente que os necesitase,
agora organízanse actos benéficos para recadar comida para as persoas damnificadas
polas súas propias políticas.
Calquera se fía de políticos que actúan deste xeito!. Que credibilidade poden ofrecer?