O BNG SOLICITA O ARREGLO DO
CAMIÑO EXISTENTE ENTRE O “PORTO ACUSTIL” E O BARRIO DAS HORTAS, QUE
DISCORRE AO LONGO DAS INSUAS DO MIÑO, POLA ZONA CHAMADA “AS CALDAS”, NA PARROQUIA DE CELA
Cada vez resulta máis habitual observar veciños e veciñas de Outeiro, así como xente de fóra do concello, camiñar e pasear ao longo do río, cuestión que se fai máis habitual aínda polas rutas existentes ao longo dos tramos que rodean as insuas do Miño en Cela.
Do mesmo xeito, os tramos existentes entre a Trabanca e o mencionado “Porto Acustil” e entre o Pedragoso e o Muíño de Felpás, en Santa Mariña, xa foron arranxados e hoxe están en condicións aceptábeis para facer este tipo “camiñatas”, así como para usar como vía de servizo para as fincas que teñen a entrada por eses camiños.
O tramo do que falamos descorre tamén ao longo do río e tamén paralelo ás Insuas do Miño e está totalmente intansitábel, tanto pola maleza existente nel como polo propio piso. Por este camiño non poden pasar nin as persoas nin ningún tipo de vehículo, co cal os veciños ou veciñas tampouco poden entrar para as súas fincas ao longo deste camiño.
Os traballos a realizar serían simplemente de limpeza e de arraxo do piso para sacarlle a auga e al lama e dese xeito poder pasar ao longo del, polo que os custos non van ser moi elevados ou, polo menos, van ser menores que outros moitos traballos ou operacións que se están a facer polo concello e que producen moito menos rendemento, cando é que producen algún, para o ben do concello e dos seus veciños e veciñas.
Por todo iso,o BNG solicitou ao Pleno da Corporación Municipal de Outeiro de Rei a adopción do acordo para o inmediato arraxo deste camiño que discorre ao longo do río Miño na parroquia de Cela nun tramo de 582 metros aproximadamente.
Enlace á copia da moción presentada