O BNG SOLICITARA NO PRÓXIMO PLENO
O ARRANXO DO CAMIÑO EXISTENTE ENTRE O CRUCE DE SANTA MARIÑA E O POLÍGONO INDUSTRIAL
DE OUTEIRO
Resulta completamente inexplicable que dende fai tantos anos este tramo estea sen pavimentar en condicións. Tan só intereses "ocultos" poden xustificar esta desidia por parte do Alcalde.
Trataríase dunha obra que suporía un gasto mínimo para o concello, moito máis se se compara cos beneficios que tería para as veciñas e veciños.
Dende fai xa moitos anos, incluso dende antes da urbanización do polígono industrial, existe este camiño entre o cruce de Santa Mariña e o polígono industrial (antes unha areeira). Este camiño ten unha anchura máis que suficiente para o cruce de dous vehículos de calquera tipo e está totalmente afirmado, incluso coas cunetas feitas.
A pesares disto, o camiño é totalmente intrasitábel debido aos coios existentes no pavimento, non necesitando nada máis que unha capa de asfalto para que “aplane” o piso e poidan circular os vehículos. Todo este traballo pode facerse por unha mínima cantidade de cartos, cando menos por unha cantidade moito menor que outros gastos que fai o concello en cuestións totalmente innecesarias.
Ademais, dáse a circunstancia que xa está arranxada ata entrada dunha finca particular que está ao comezo, volvendo aos coios despois desta finca. Incluso no deseño das rúas do polígono existe unha saída directa cara este camiño, indicando que estaba previsto que este fora transitable.
Co arranxo deste camiño, ademais de conseguir unha vía rápida de comunicación das parroquias de Cela e Santa Mariña co polígono industrial e coas parroquias de Bonxe e Matela, tamén se conseguiría que os autobuses e camións que non poden circular polo paso de debaixo da vía do tren (debido ao deficiente proxecto que permitiu esa Alcaldía) pasen dun xeito directo, relativamente cómodo e mais rápido cara Outeiro de Rei ou para a autovía.
En resume, unha proposta para que o concello faga unha obra con moi poucos cartos e que pode dar un servizo esencial para unha boa parte do concello. Veremos que decide facer o Alcalde e a súa maioría no Pleno municipal!
Enlace á copia da moción presentada
Enlace á copia da moción presentada