O BNG PREGUNTOULLE AO ALCALDE SOBRE
OS MOTIVOS NO RETRASO NA CONTESTACIÓN ÁS ALEGACIÓNS
PRESENTADAS AO PLAN DE DELIMITACIÓN DE POLÍGONOS DO SOLO URBANO DE OUTEIRO DE
REI
Fai uns meses o Concello comezou o proceso de
delimitación de polígonos de solo urbano na vila de Outeiro de Rei. Este
proxecto do Alcalde chocou de xeito frontal cos veciños e veciñas afectadas,
que consideraron que os seus intereses eran seriamente prexudicados.
Debido a iso, organizáronse entre eles procederon a
presentar máis de 200 sinaturas solicitando a ese Concello a retirada dese Plan
de Delimitación de Polígonos Urbanos de Outeiro de Rei.
A maiores diso, tamén moitas veciñas e veciños
procederon a facer as alegacións correspondentes a ese proxecto, alegacións que
teñen que ser contestadas por parte do Concello.
Dado que ese
Concello ten a obriga de contestar a esas alegacións e dado que moitas persoas
están pendentes desa contestación pola transcendencia que para a súa vida poder
ter a contestación que reciban, o BNG trasladou as seguintes preguntas ao
Alcalde para que respondese ante o Pleno Municipal :
1. Cando ten pensado o
Señor Alcalde proceder a contestar as alegacións presentadas ao Plan de
Delimitación de Polígonos do Solo Urbano de Outeiro de Rei?
2.
Cales son os motivos polos que aínda non foron contestadas estas
alegacións?
3.
Vai contestalas antes das Eleccións Municipais deste ano ou, polo
contrario, vai esperar a que pasen estas eleccións para que sexa outro Alcalde
que o faga?
Pola súa banda,
facendo unha vez máis un total desprezo á democracia e as veciñas e veciños, o
Alcalde respondeu que contestaría cando puidera.