luns, 23 de marzo de 2015

Cartos públicos para facer propaganda do PP

A REVISTA DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI: UN EXEMPLO MÁIS DE USO DE CARTOS PÚBLICOS PARA FACER PROPAGANDA DO PP


Na que mandou fai unhas semanas a fotografía do Alcalde saía en 17 ocasións, tres delas na portada. Na que chegou estes días, sae en 13 lugares diferentes. 

 

Píntase un panorama “idílico” do concello, onde todo e grazas a “xestión” do Alcalde e onde a oposición (nin sequera os seus concelleiros) existen. A entrevista ao Alcalde en cada exemplar e os colores corporativos do PP non poden faltar.

 

Presenta todas as características do sistema de propaganda das ditaduras fascistas: culto ao líder, uso da propaganda institucional como ferramenta de control social, silenciar á oposición (partido único), identificar a institución co partido, etc.


Xa se converteu nun clásico. Cada tres meses aproximadamente chega ás nosas casas unha revista que di ser do Concello de Outeiro de Rei pero que, segundo a nosa opinión, é mera propaganda do Partido Popular, propaganda pagada con cartos de todas e todos nós, seguindo así o exemplo da política do partido a nivel estatal, tal e como estamos vendo todos os días nas noticias.
Trátase dunha revista a toda cor, de 16 paxinas, montada dun xeito profesional usando os colores corporativos do PP e chea de cantos idílicos dun concello que só existe na mente propagandística do Alcalde. Son unha ringleira de noticias totalmente irrelevantes que tratan de pintar un concello de “cor de rosa” e que queren tapar a auténtica realidade do Concello de Outeiro, e dicir, un concello onde impera o nepotismo, o caciquismo, a desidia e a incompetencia coa que o Alcalde e goberna o concello.

Nada se di neste panfleto das persoas  paradas do concello, nin da mocidade que ten que emigrar, nin das explotacións agrarias que pechan, nin do patrimonio que se estraga de forma cotiá pola desidia e ignorancia do Alcalde, nin das persoas maiores que non están atendidas por falta de recursos, nin das nenas e nenos que non teñen medios para comprar libros, etc. Non só non se fala deles, senón que os cartos que terían que ir destinados a paliar esas situacións gástanse en propaganda do partido do Alcalde.

A entrevista ao Alcalde é un punto que non pode faltar. No número do verán o Alcalde aparecía en 17 ocasións (tiña 16 páxinas), 3 delas na portada e no exemplar de inverno volve a aparecer en 17 fotografías. Mentres tanto, a oposición non se nomea nin existe nin aparece nestas publicacións.

Para rematar o despropósito, esta revista ten o seu depósito legal en Ourense e imprímese tamén nesa cidade. Débelle parecer ao Alcalde que non hai en Lugo imprentas dabondo para facer este traballo, que hai que levar os cartos para fóra da provincia!.

 























O BNG xa preguntou no Pleno de decembro polo custe deste panfleto, solicitando que o pagara o Partido Popular ou, no seu defecto, que o pagaran os integrantes do PP da Corporación, ao igual que a revista do BNG é pagada coas cotas dos seus militantes.
Visto a negativa do Alcalde a dicir o custe desta publicación, neste momento temos pedido por escrito esas facturas, para que dese xeito a cidadanía de Outeiro coñeza o custe real e todo o que envolve a esta publicación.

Que non caiba ningunha dúbida que o BNG non cesará ata que todo o relacionado con esta revista saia á luz pública e faremos todo o posible para que se faga xustiza.