sábado, 31 de xaneiro de 2015

Perda do patrimonio



O Concello de Outeiro deixa perder o patrimonio histórico


O BNG solicitara no concello a limpeza do entorno, sinalización e xestión urxente para reparar os desperfectos que presentan as capelas de San Paio (Parada), San Marcos (Vicinte) e Bravos (Vicinte). As tres construcións figuran no Inventario do Patrimonio Cultural da provincia de Lugo e presentan un alto interese tanto no seus aspectos histórico-arquitectónicos como polas súas connotacións
etnográficas e antropolóxicas.

A proposta do Bloque foi rexeitada polo señor Pardo argumentando que eran de propiedade privada. Esta actitude do alcalde, desentendéndose da cuestión, significa a curto prazo un grave risco para tan singulares construcións existentes no concello de Outeiro deRei.