Quen
se atrevería a deixar os nenos ou nenas nun espazo que presenta un
estado coma se ve nestas fotografías?. Cal é o motivo de que con todas
as persoas que ten contratado o concello non se dean arranxado nin
sequera os espazos públicos de uso infantil?
Observando o estado deste parque infantil, o que hai no Campo da Santa Isabel, danos unha idea da preocupación que ten o Alcalde de Outeiro polos servizos públicos e, concretamente neste caso, polo estado dos parques infantís onde xogan os nosos fillos e fillas.
Gástanse os cartos para facer os parques, cartos que en moitos caso se supón que se sacan doutros investimentos, para logo deixalos totalmente abandonados e cunha imposibilidade material de utilizalos.
Esta situación aínda é máis grave se cabe, cando fai só unhas semanas tivo o concello un grupo de mozos e mozas nun obradoiro de xardinería, durante o cal limparon, por exemplo, os espazos comúns do polígono industrial, chegando incluso a plantar algunha árbore. Parece que para o señor Pardo ten máis importancia os xardín das parcelas do baleiras do polígono que os lugares de xogo das nosas nenas e nenos ou os sitos de descanso e paseo das veciñas e veciños do concello.