mércores, 28 de xaneiro de 2015

Revista do concello, pasquín do PP

Xa nos ten acostumados. Cada certo tempo, o concello de Outeiro de Rei publica unha revista a todo color que dende o BNG cremos que unha auténtica publicación feita para o beneficio so Partido Popular. Na práctica é o que máis se parece ao “nodo” que elaboraba Franco durante a súa ditadura. Na última publicación deste estilo, viñan 14 fotografías do señor Alcalde; con este número de aparición, as veciñas e veciños de Outeiro poden coñecelo xa bastante ben.

Os tempos cambian, o medios melloran pero as ideas de intentar “manipular” á poboación mantéñense.